De estandarte a bandeira, por Xoán Costa

Sen titulo
photo_camera (Imaxe: santiagoturismo.com)

O 2 de outubro de 1882 La Gaceta de Galicia informa de que se constitúe en Santiago unha sociedade baixo razón social de Rey y Luengo que se vai dedicar á venda de “xéneros do reino e estranxeiros e a todo o relacionado co ramo dos alfaiates”.

Doce días despois, ás sete da tarde, inaugúrase ese espazo. O local ocupaba o número 33 da rúa da Caldeirería e o 5 da rúa da Universidade, con vista directa ao histórico edificio. Durante toda a tarde do día 22 de outubro houbo música na rúa da Universidade e- di a prensa – máis de cinco mil persoas estiveron nos actos de inauguración. A actividade comercial continúa, con notable éxito, nos anos seguintes e Rey y Luengo foron sinónimo de ben vestir.

En 1892, no escaparate dese comercio, aparece exposto un estandarte, coa forma da bandeira de Galiza,  bordado por Aurora Cancela e  Mercedes Legrande.

costa

No número de trece de abril de 1892 El Lucense, corroborado por La Gaceta, fala dos moitos eloxios que M. Legrande e Aurora Cancela receberon por bordar tan fermosa peza que levaba, dunha parte, a bandeira e, da outra, diferentes elementos das armas das antigas provincias.

Aurora Cancela aínda había bordar, en 1894, outro estandarte, desta volta sen bandeira, para a Sociedade de Beneficencia Galega da Habana.

Comentarios