Os escravos de Franco na Galiza

A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938, coa posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo, unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos forzados. Sinaláronse na Galiza tres figuras: os Batallóns Disciplinarios de Traballadores, a explotación de man de obra procedente dos destacamentos penais e mais os chamados destinos. 

Traballadoras nas minas de Casaio
photo_camera [Imaxes: SG] Traballadoras nas minas de Casaio

5Son moitas as incógnitas que fican por resolver sobre o traballo escravo na Galiza de Franco. Descoñecemos o número exacto da poboación reclusa empregada nestas tarefas, carecemos dunha información precisa sobre os lugares do noso país onde se desenvolveron estes traballos, faltan dados sobre as empresas e particulares que se beneficiaron desta modalidade de explotación laboral e non existen estudos sobre o impacto da mesma na economía galega e na conta de resultados das súas empresas. Porén, a documentación coa que contamos, permite certificar que estamos diante dun xigantesco entramado de explotación de man de obra gratuíta, coa intención, non só, de librar o Estado da carga económica de manter a poboación reclusa ou de utilizar a forza de traballo como método de castigo, senón de xerar un beneficio material para o réxime, aliviando a delicada situación das arcas públicas e beneficiando aqueles grupos oligárquicos do franquismo.

A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938 coa posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo, unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos forzados. Sinaláronse na Galiza os Batallóns Disciplinarios de Traballadores, ou simplemente Batallóns de Traballo, a explotación de man de obra procedente dos destacamentos penais ou os destinos. Os primeiros, formados por aqueles presos clasificados previamente como “desafectos”, cuxa forza de traballo era cedida ou alugada a empresas privadas ou particulares, actuando o Estado como simple subministrador. Aos segundos, compostos por un número máis ou menos grande de presidiarios, contratados por entidades públicas, relixiosas e máis frecuentemente privadas, ocupáronos fundamentalmente no sector da obra civil e da minaría. Os terceiros recibían ese nome das tarefas non remuneradas que realizaban dentro dos propios cárceres.

A actividade mineira beneficiarase do traballo escravo, destacando os enclaves de Casaio en Valdeorras e Fontao en Silleda, cuxa produción viuse promovida e favorecida polo desenvolvemento da II Guerra Mundial. O 9 de setembro de 1942 arranca a súa andadura o Destacamento Penal de Minas de Casaio, vinculado á empresa Montes de Galiza S.A, unha mercantil de capital alemán, baixo a dirección do enxeñeiro Georg Burg, dedicada á extracción do volframio, un mineral fundamental para a blindaxe das equipas de guerra.

[Podes ler o texto íntegro no número 295 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios