A Eira da Xoana lembra ás vítimas da represión franquista

Será o domingo 9 de agosto neste espazo de Ramil (Agolada). O acto central decorrerá a pé do monolito inaugurado en 2012.

A Eira da Xoana realizará o vindeiro 9 de agosto un acto aberto de homenaxe ás vítimas da represión franquista. Terá lugar en Ramil (Agolada). No programa contémplase un xantar de confraternidade e unha ofrenda floral no monolito inuagurado en 2012 en memoria “das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”. Entre as persoas intervintes está o historiador Uxío-Breogán Diéguez, así como a música de Mini e Mero.

O monolito foi inaugurado en 2012 durante a cerimonia de homenaxe aos e ás represaliadas. Os actos comezaran en Sá, no Concello de Palas, lugar onde apareceron os cadáveres de Sixto Aguirre e Camilo Díaz, asasinados polos fascistas. A continuación visitaran Toques, para unha homenaxe aos guerrilleiros O Curuxás e O Ferroviario. O ramo da xornada púxoa na propia Eira de Xoana a inauguración do monolito.

Comentarios