O BNG di do pasamento de Pousa Antelo que é un día de loito para Galiza

O Bloque Nacionalista Galego vén de expresar o seu fondo pesar polo falecemento de Avelino Pousa Antelo do que di "foi un traballador incansábel a favor do pobo galego, da lingua e do medio rural" do noso País. @s nacionalistas califican de "Día de loito para Galiza" o pasamento de Pousa Antelo e fixeron énfase na figura que representa o galeguista, quen dedicou a súa vida á defensa do autogoberno galego, da nosa cultura e desenvolvemento rural.

Comentarios