A Deputación propón ao goberno español que converta Meirás nun Centro de Memoria Histórica

Goretti Sanmartín valora a "boa receptividade ao informe xurídico" polo director xeral da Memoria Histórica do executivo do estado.

Meiras
photo_camera Meiras

Converter o Pazo de Meirás, unha vez que este pase a formar parte do patrimonio público, nun Centro de Memoria, sede dun Museo de Memoria Histórica. Esta é unha das propostas que a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, transladou ao director xeral da Memoria Histórica do goberno central, Fernando Martínez López. Esta opción será un dos puntos que se traten na vindeira Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás en que, ademais, se valorarán os avances feitos para iniciar as accións legais para recuperar o pazo.

Sanmartín Rei transmitíu a Martínez López os acordos da Xunta pola Devolución do Pazo de Meirás e a necesidade de recuperar o inmóbel para o patrimonio público. O director xeral, Fernando Martínez López comprometeuse a estudar o informe e a incluír o pazo de Meirás na axenda do departamento.

A vicepresidenta da Deputación explicoulle ao director xeral o alcance dos dous documentos e a liña que abren a vía xurídica para conseguir que o Pazo de Meirás poida recuperarse para o patrimonio público, ao demostrarse a "simulación" dun contrato de compra para que o ben inmoble pasase a mans do ditador.

"Recuperar a nosa memoria histórica supón tamén recuperar ese pazo que, coa impunidade do franquismo, pasou a mans do ditador cando, como está probado, ten que ser considerado un ben publico que Franco quixo pasar por privado por medio dun contrato de venda que está demostrado que é falso", anotou Goretti Sanmartín.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios