A Deputación pontevedresa retira por aclamación os títulos honoríficos a Franco e Calvo Sotelo

Franco e Fraga
photo_camera Franco e Fraga

A Deputación de Pontevedra aprobou por aclamación no pleno retirar a Franco o título de presidente perpetuo da entidade provincial. Na sesión, os membros da corporación, postos en pé, ratificou a retirada do nomeamento aplaudindo durante un minuto. O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, (BNG) remarcou a importancia deste acordo que contribúe a recuperar a memoria histórica.

Leal anunciou que, a finais de ano o Pazo Provincial acollerá un Pleno Conmemorativo para "dignificar aínda máis ás vítimas do franquismo" e lembrar que nese edificio tiveron lugar xuízos sumarísimos como o que condenou a morte a Alexandre Bóveda.

A proposta incluíu, ademais, a anulación doutros cinco nomeamentos: O primeiro deles data de xullo de 1950 e polo mesmo noméase Fillo Predilecto a José Calvo Sotelo, ministro de Facenda na ditadura de Primo de Rivera e un dos dirixentes da dereita durante a II República española. Asasinado en 1936, o franquismo honrouno como “Protomártir de la Cruzada”.

Outro acordo que se revogou é de xullo de 1951 e polo mesmo nomeábase Fillo Adoptivo a José Solís, andaluz, ministro franquista, gobernador vivi de Pontevedra e coñecido como 'O sorriso do réxime'. Recomedou que nos colexios houbese “máis ximnasia e menos latín”. Un outro acordo, o 30 de xaneiro de 1960, concedíalle a medalla de Ouro.

O 28 de agosto de 1952 a Deputación de Pontevedra proclamaba Francisco Franco como “presidente perpetuo”. En 1963 declaraba a entidade provincial fillo adoptivo da provincia a Pedro Nieto Antúnez, ministro na ditadura franquista. E nese mesmo ano a Deputación concedíalle a medalla de Ouro á Sección Feminina da Falange Española.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios