Defensa do Común alerta que os Franco continúan a retirar bens da Casa Cornide

Piden á Subdelegación do Goberno que tome "urxentemente" as medidas necesarias para poñer fin ao que cualifica de "espolio". 
Sen titulo
photo_camera Furgoneta de mudanzas saíndo da Casa Cornide, segundo Defensa do Común.

Defensa do Común vén de denunciar que se continúan a retirar bens da Casa Cornide, unha práctica que o BNG da cidade tamén denunciou recentemente. A través dun escrito á Subdelegación do Goberno, este colectivo sinala que “oxe, 30 de decembro, con nocturnidade, apareceu na Casa Cornide unha nova furgoneta de aluguer con dous operarios”.

Unha práctica que para Defensa do Común é indicativo de que se están a retuirar bens deste inmóbel.

“Para impedir a continuidade do espolio, e sendo manifesta a intención da familia do ditador de retirar obxectos da Casa Cornide antes da declaración do edificio como Ben de Interese Cultural, que está en marcha a iniciativa do concello da Coruña, solicitamos que se tomen urxentemente as medidas de vixilancia necesarias por parte da Garda Civil e da Policía, para impedir a continuidade do espolio”, sinalan no escrito á Subdelegación

Defensa do Común indica que está a traballar para conseguir que a Casa Cornide, “o mesmo que o pazo de Meiras, pasen ao patrimonio público; no caso da Casa Cornide para que se devolva ao patrimonio público da Coruña”.

Realizaron dúas Marchas Cívicas e o domingo, 27 de decembro, convocaron unha concentración, xuntamente coa Asociación Veciñal da Cidade Vella, como resposta ao intento da familia Franco de retirar bens da Casa Cornide o pasado 22 de decembro

Comentarios