Debe unha marca de cervexas apoiar un bar que fai apoloxía do franquismo?

As redes sociais continúan denunciando o patrocinio dun estabelecemento de Arteixo que fai apoloxía do franquismo.

Imaxe do bar difundida nas redes sociais (Orgullo galego)
photo_camera Imaxe do bar difundida nas redes sociais (Orgullo galego)

A apoloxía da ditadura franquista en público segue creando polémica. Un bar de Arteixo, malia as denuncias en redes sociais do ano pasado, continúa mantendo simboloxía anticonstitucional no exterior do estabelecemento situado na estrada que conduce de Barrañán a Caión

As críticas de persoas que difunden fotografías deste bar diríxense, na súa maioría, cara a unha coñecida marca galega de cervexas que patrocina coa súa imaxe este local.

Moitas das persoas que difunden as súas críticas aseguran non entender “que imaxe quere dar esta bebida”

Toldo, paraventos e outros elementos mesturan esta bebida coa bandeira do réxime de Franco coincidindo no mesmo espazo.

Moitas das persoas que difunden as súas críticas aseguran non entender “que imaxe quere dar esta bebida” e afirman que deixarán de consumila.

"Ameazas" do propietario

Diante das denuncias realizadas nas redes sociais o propietario do local tamén contestou a través dunha conta de Twitter ameazando con entregar os chíos “como proba de incitación aos demais usuarios” e no caso de que “pase algo ou sufra algún desperfecto”.

Este verán engadiu, ademais, carteis con lemas como 'Franco resucita, el pueblo te necesita' o 'España entera será de Fuerza Nueva'.

Comentarios