Retratos dun tempo en mudanza

Cuqui Piñeiro. O río sempre en renovación da arte e a vida

A onda de mudanzas rompía tamén nos novos movementos artísticos. A ferida ditatorial foi profunda na descontinuidade cultural e tamén nas artes plásticas, singularmente no campo da escultura onde a presión da estética do Estado e Igrexa pesaba como unha lousa. Cuqui Piñeiro (Vigo, 1960), hoxe á fronte dunha fundición de bronce á cera perdida, única na Galiza, construída no taller no que se ergueu a obra de seu pai, o escultor Xoán Piñeiro (1920-1980), debulla algúns aspectos deste tempo que tamén é biografía persoal e social.
Cuqui Piñeiro (Foto: Xan Carballa).
photo_camera Cuqui Piñeiro. (Foto: Xan Carballa)
—Formouse nunha época de moito cambio político. Era un tempo de rebeldía. Empecei en Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) con 15 anos, no Instituto Feminino de Vigo [o actual San Tomé de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios