COMISIóN POLA RECUPERACIóN DA MEMORIA HISTóRICA

A Comisión de Memoria Histórica da Coruña pide a Filipe VI que exixa ao alcalde a retirada da simboloxía franquista

Os reis visitan a cidade esta quinta feira. A CRMH solicita unha audiencia oficial con eles e que visiten o Memorial ás vítimas do franquismo e o monumento das fosas de Aranga.

rei-crop
photo_camera rei-crop

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pedirá unha audiencia don Felipe VI aproveitando a visita que o Borbón fai esta quinta feira á cidade da Coruña. A tal fin entregará na Delegación do Goberno unha carta destinada a Filipe VI, misiva na que fai cinco propostas: Recibir en audiencia oficial ás asociacións de vítimas do franquismo de todo o Estado, que retire os títulos nobiliarios concedidos por Franco e o rei Juan Carlos a golpistas e persoas que cometeron crimes contra a humanidade; e que como Xefe de Estado pida perdón polo silencio mantido até agora pola monarquía, respecto á ditadura franquista.

Tamén propón que Felipe VI visite o Memorial ás vítimas do franquismo, así como que esixa ao Goberno que poña os medios axeitados para a recuperación dos restos das persoas asasinadas no franquismo.

Comentarios