A conta twitter da CRTVG informa así do 79 cabodano do fusilamento de Federico García Lorca, producido na madrugada do 18 de agosto de 1936:
#TalDíaComaHoxe, do ano 1936, falecía o poeta e prosista Federico García Lorca pic.twitter.com/tNhPmB5ZqL
— CRTVG (@crtvg) 18 agosto 2015
É evidente que no texto se omite o feito de o autor de Poeta en Nueva York ter sido fusilado polos fascistas que perpetraron o golpe de Estado do 18 de Xullo de 1936.
O chío produciu obviamente reaccións de indignación na rede:
.@crtvg Falecía? Como? Atropelouno un coche? Coido que "faleceu" porque o ASASINARON. Até podiades dicir que o FUSILARON uns FASCISTAS
— M. Loureiro (@loureiro_gz) 18 agosto 2015
@loureiro_gz @crtvg faleceram-no...
— Ernesto V. Souza (@Evazsou) 18 agosto 2015
@crtvg infarto? acidente de trânsito? Tanto custa dizer que um dos maiores poetas da história foi assassinado polo fascismo?
— José Emílio Vicente (@josevicgz) 18 agosto 2015
No momento en que rediximos esta información, a/o community manager que xire a conta twitter da CRTVG aínda non respondeu a estas persoas.