venres 30/10/20
Patrimonio

O concello de Compostela volverá reclamar as esculturas do Mestre Mateo en posesión dos Franco

O BNG de Compostela presentou unha moción asinada no pleno por todos os grupos municipais para abrir unha vía xudicial, coa nova documentación atopada, para recuperar para o patrimonio público as esculturas do Mestre Mateo.
As nove estatuas do mestre Mateo, declaradas BIC, continúan en posesión da familia Franco por decisión do tribunal tras a demanda do concello de Compostela.
As nove estatuas do mestre Mateo, declaradas BIC, continúan en posesión da familia Franco por decisión do tribunal tras a demanda do concello de Compostela.

A portavoz do BNG de Compostela, Goretti Sanmartín, presentou unha moción que finalmente foi asinada no pleno de setembro por todos os grupos municipais para abrir unha vía xudicial, coa nova documentación atopada, para recuperar para o patrimonio público as esculturas do obradoiro do Mestre Mateo propiedade do Concello de Santiago que están en poder da familia Franco.

Após a sentenza xudicial que desestimou a demanda polas esculturas do concello de Santiago que manteñen os herdeiros do ditador, que mesmo pon en dúbida que sexan as mesmas da autoría do obradoiro Mestre Mateo de propiedade municipal, xurdiu nova documentación froito das investigacións do profesor Francisco Prado-Vilar. De aí esta última proposta do Bloque.

Nova oportunidade co precedente de Meirás

Deste modo, a corporación municipal acordou instar as Administracións públicas (Goberno do Estado, Xunta da Galiza e Deputación da Coruña) para abriren un novo procedemento xudicial, co apoio e colaboración do concello de Santiago de Compostela, de persoal investigador e de asociacións para a recuperación da memoria histórica.

O obxectivo sería reclamarlle á familia Franco as esculturas do Mestre Mateo, de propiedade municipal e declaradas Ben de Interese Cultural, de cara a súa protección, difusión e recuperación para o patrimonio público, procurando proseguir o camiño aberto na recente sentenza sobre o pazo de Meirás, froito do traballo coordinado entre distintas Administracións.

O concello de Compostela volverá reclamar as esculturas do Mestre Mateo en posesión dos...
comentarios