O Concello de Sada súmase á demanda do Estado español para exixir a titularidade dos bens de Meirás

O rexedor sadense volveu exixir a xunta que  incoe o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás", para outorgarlles ao conxunto de bens mobéis a protección BIC.
O Pazo de Meirás, no día da súa devolución ao dominio público (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera O Pazo de Meirás, no día da súa devolución ao dominio público (Foto: M. Dylan / Europa Press).

O Concello de Sada vén de anunciar a súa intención de sumarse á demanda presentada polo Estado español contra a familia do ditador Francisco Franco para exixir a titularidade de 564 bens do Pazo de Meirás.

A petición foi presentada no xulgado de primeira instancia nº 70 de Madrid, encargado de levar o caso, alegando que o Concello é parte interesada e ostenta as competencias "en materia de urbanismo, protección do patrimonio cultural e turismo".

A mediados de setembro, o Concello de Sada xa exixira ao Estado español a "inmediata" presentación da demanda de titularidade dos bens móbeis do Pazo de Meirás.

"Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico", desde o Goberno local instan o Executivo estatal a presentar a demanda da titularidade, "que debería incluír a solicitude de medidas cautelares que impidan a retirada dos bens que o Estado non reclamou".

Valoración do alcalde de Sada

O alcalde de Sada, Benito Portela, aplaudiu a decisión do Estado español de interpor esta querela á que se adhire o Concello e instou outras administracións "para facer o propio", facendo especial fincapé na Xunta da Galiza.

Portela tamén reclamou ao Goberno galego que "mova ficha e incoe o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás", para outorgarlles ao conxunto de bens mobéis a protección BIC.

Comentarios