O Concello de Pontevedra retira a medalla de Ouro concedida a Franco en 1944

A proposta foi aprobada por unanimidade na comisión municipal de Cultura após coñecer o Concello hai uns meses que o ditador recibira tal distinción.

Concello de Pontevedra_Ernesto
photo_camera Concello de Pontevedra_Ernesto

Nunha sesión extraordinaria do 27 de agosto de 1944 o Concello de Pontevedra acordou conceder a medalla de ouro da cidade a Francisco Franco Baamonde, ditador do Estado español desde 1939. Setenmta e un anos despois, nunha xuntanza da comisión de Educación, Cultura e Benestar Social do 15 de outubro de 2015 o Concello de Pontevedra aprobou por unanimidade retirar tal distinción ao ditador. Unha proposta que deberá ser aprobada definitivamente na sesión plenaria do vindeiro luns.

A concelleira Carme Fouces explicou que o Concello coñeceu da existencia deste recoñecemento a Franco hai pouco, a través dun traballo de investigación sobre os funcionarios municipais represaliados polo franquismo. Atopouse a acta de entrega da medalla no Arquivo histórico municipal.

No 2000, cómpre lembrar, procedeuse a retirar da Casa do Concello pontevedresa unha placa de pedra con inscripcións en latín que facía referenza a unha visita de Franco ao Concello, un acto no que se lle fixo entrega das chaves da cidade. Esta decisión sirve de limiar para un ano que o Concello adica á memoria histórica, centrada nos represaliados polo franquismo e moi especialmente nas mulleres.


 

Comentarios