O Concello de Lalín colocará unha placa en homenaxe as vítimas do franquismo

Inicialmente será unha réplica cos nomes das 52 persoas asasinadas pola represión na comarca do Deza. O Concello realizará os trámites para traer a orixinal.


O novo goberno municipal de Lalín decidiu homenaxear as vítimas do franquismo con unha réplica da placa instalada en 1954 nos locais da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires , segundo fontes do concello recollidas por Europa Press.

Na placa, realizada pola 'Sociedade Unión del Partido de Lalín', aparecen tallados os nomes das 52 persoas asasinadas polo franquismo na comarca do Deza. 

Aínda que polo momento será unha réplica, o goberno municipal prevé iniciar os trámites, co resto de municipios da comarca, para negociar a colocación da placa orixinal.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios