O colectivo de mulleres do 10 de marzo de Ferrol recibirá a distinción 'republicanas de honra'

"Son un exemplo da loita colectiva", expuxo Aurora Paz, portavoz da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Monumento ao 10 de Marzo, en Ferrol, en memoria das loitas sindicais que custaron a vida a dous traballadores da antiga Bazán (Foto: Nós Diario).
photo_camera Monumento ao 10 de Marzo, en Ferrol, en memoria das loitas sindicais que custaron a vida a dous traballadores da antiga Bazán. (Foto: Nós Diario)

O colectivo de mulleres do 10 de marzo de 1972 de Ferrol recibirá esta quinta feira, 21 de abril, a distinción 'republicanas de honra', que outorga a Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica (CRMH) da Coruña.

O acto de entrega decorrerá na sede da ONCE e, previamente, haberá recepcións na Universidadade da Coruña (UDC), na Deputación e no Concello, así como unha visita guiada ao Pazo de Meirás, en Sada.

"Son un exemplo da loita colectiva", expuxo Aurora Paz, portavoz da CRMH, na presentación dos actos que se celebran con motivo do 14 de abril, día da República, e que este ano se aprazaron pola coincidencia dese día coa ponte de Semana Santa.

"(Son) mulleres invisibilizadas até fai pouco", engadiu, en referencia á "loita antifranquista" que protagonizaron, tanto militando como repartindo información ou axudando a feridos e presos.

Casos "silenciados"

Pola súa parte, Rosario  Alabau, 'Sari', falou en representación do colectivo das mulleres de Ferrol que participaron na loita do 10 de marzo de 1972,  para denunciou que en moitas ocasións foron casos "silenciados".

A portavoz do colectivo explicou que as protestas de 1972 foron unha reivindicación nunha situación "complicadísima" e "en defensa" da liberdade.

Sobre a distinción, afirmou que é "un recoñecemento a ese traballo", no que situou moitas amas do fogar "que tiveron que dar o salto, cos seus maridos no cárcere". Ademais, fixo especial distinción naquelas que tamén tiveron que entrar en prisión.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios