NON DES A ESQUECEMENTO

As cicatrices de José e Lola

A nova entrada de Non des a esquecemento, o blog de Luís Bará,  lévanos ás curvas da Regaduxa, á represión no concello de Vilaboa, á historia de José Cerqueiro, agochado tres anos e despois encarcerado e a súa filla Lola que foi rapada, secuestrada e aldraxada sen aparecer en ningunha listaxe de vítimas. 

Lola Cerqueiro non figura nas actas do terror, nas listaxes das vítimas. Mais si permanece na memoria do pobo, nas voces que voltan coma unha promesa de xustiza adiada durante décadas. Nas voces que retornan para acabar co silencio e coa impunidade, para rematar co sal das bágoas, coas cicatrices. Toda a historia na nova entrada do blog Non des a esquecemento. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios