O 'caxato' de Pousa Antelo vai no seu III cabodano para un proxecto social en Arzúa

A Irmandade Avelino Pousa, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos entregarán este xoves 20, no III cabodano da morte de Avelino o seu “Caxato” á Parroquia de Santa María de Arzúa.

Avelino Pousa Antelo coa imaxe de Castelao ao fondo.
photo_camera Avelino Pousa Antelo co seu caxato e a imaxe de Castelao ao fondo.

O Concello de Teo recibirá os asistentes que este ano outorgan o “Caxato” á parroquia de Santa María de Arzúa como proxecto de construción social en Arzúa. Na primeira parte do acto intervirán Navia Rivas de Castro e Sara Torreiro. Despois da lectura da acta de outorgamento e da propia entrega do premio tomarán a palabra o presidente da asociación parroquial e un membro da familia de Pousa. A continuación os actos seguirán no paseo Avelino Pousa nos Verxeis. Alí haberá unha intervención musical a cargo de Raúl coa peza “O gaiteiro nubeiro”, e falarán Mini e Mero no nome dos asistentes e unha persoa da familia, pechando o acto a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil.

A xornada seguirá cun xantar de irmandade en San Xoán de Barcala (A Baña) e pola tarde en Negreira. No monólito en memoria de Pousa, á beira do CEIP O Coto de Negreira falarán Xoán Xosé Fernández Abella, Alfonso Blanco da AC Xermolos, Guillerme Vidal da AC Afonso Eanes, X. Amancio Liñares Giraut, entre outros. O Concello de Teo acolle a entrega do Caxato de Avelino, un recoñecemento que recibiu con moita estima o ano pasado, no II cabodano da morte de Avelino Pousa Antelo, fillo adoptivo de Teo. Os actos contan coa colaboración do Concello de Teo, do Concello de Negreira e da asociación cultural Afonso Eanes de Barcala.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios