NON DES A ESQUECEMENTO

Cartafol das ausencias

Luciano del Río, Victoria Martínez, Faustino García Puga, Edelmiro Dios ou Antonio Vidal Vilas son algúns dos nomes que Luís Bará recupera na construción “dun mapa de ausencias” da memoria de Vilaboa. 

“Para un mapa de ausencias” é a nova entrega do blog Non des a esquecemento no que Luís Bará ofrece un percorrido emocional pola lembranza dos homes e mulleres da súa parroquia, da súa aldea, coa vontade de sacar os seus nomes do esquecemento ao que foron condenados durante décadas. Trátase dunha declaración de amor e de orgullo por aquelas persoas que formaron parte da memoria silenciada de Vilaboa.

Comentarios