Cando e como emigraron a Arxentina os teus antepasados? Esta web dicho

O Centro de estudos migratorios latinoamericanos (Cemla) dispoñibiliza on-line un buscador en base a máis de 4 millóns de inmigrantes rexistrados entre 1800 e 1960, un bo feixe deles, galegos.

Centro galego de Bos Aires (Nós Diario)
photo_camera Centro galego de Bos Aires (Nós Diario)

Introducindo no buscador do Cemla o nome e apelido da persoa que emigrou a Arxentina da que desexes saber. Obtés información sobre a data en que arribou ao país suramericano, o porto de orixe, o barco no que viaxou, así como datos sobre a súa idade, profesión ou lugar de nacemento.

O Cemla posúe a base de datos máis completa sobre a inmigración a Arxentina: máis de 4,4 millóns de inmigrantes rexistrados, procedentes de máis de 200 países, e datos de máis de 3.500 barcos nos que os emigrantes viaxaron desde Europa até Arxentina.

Non están todos (faltan algúns anos) mais son todos os que están. Máis de 75 anos de rexistros que agora se poden consultar cun simple click. Con introducir o nome e apelido da persoa que se procura no buscador do Cemla conséguese información.

Así, por exemplo, de introducir José Castro García saen varios resultados, todos relacionados coa Galiza, ao ser estes apelidos relativamente comúns no noso país.

Entre estes José Castro García figura un rapaz de 15 anos, xornaleiro de profesión e que arribou a Arxentina o 11 de novembro de 1909 no barco ‘Oldenburg’, que zarpara do porto de Vilagarcía de Arousa.

A emigración galega Arxentina foi masiva a finais do S.XIX e principios do XX. Centos de miles abandonaron Galiza con destino a ese país.

Comentarios