De cando Braga foi capital da Galiza

Nun primeiro momento no tempo dos romanos e xa máis tarde no Reino dos Suevos. Braga foi capital da Galiza nestas dúas ocasións.

Mapa da península Ibérica en 455 (Imaxe: Vortex)
photo_camera Mapa da península Ibérica en 455 (Imaxe: Vortex)

Bracara Augusta foi invadida polos suevos no ano 409 e baixo o dominio suevo recibiu o título de capital do reino, sendo así un centro político e intelectual do noroeste peninsular.

Tal e como recolle Vortex, foi sé eclesiástica da Galiza até a súa substitución por Compostela. De feito, refírese á “rivalidade” entre as dúas capitais relixiosas.

“Não só Braga foi capital da Galécia no tempo dos romanos, como foi também capital do reino Suevo, que incluía os territórios da atual Galiza até ao Algarve”, expón a publicación.

Os suevos foron un dos primeiros pobos en migraren para o Imperio Romano na segunda metade do século IV d.C. Coa migración, Roma decidiu concederlles espazos territoriais a cambio de auxilio e apoio militar. Parte dos suevos ficaron no que hoxe corresponde a Baviera e parte no que hoxe é Suíza.

Unha parte dos suevos continuou migrando até ficar na Gallaecia en 409. Braga foi entón capital, con Hermerico como primeiro rei. Outras cidades influentes na altura, lembra Vortex, era Portus Cale, hoxe Porto, Lugo e Astorga.

De Hermerico a Miro

En 585 o Reino Suevo foi anexado ao Visigótico, mais nesa curta historia chegaron a gobernaren 13 reis, a comezar por Hermerico, que levou 40.000 persoas desde o que hoxe é Alemaña até o actual territorio portugués, até o rei Miro.

Logo de duras batallas no río Douro entre 572 e 574, os visigodos venceron os suevos e fundaron as cidades de Toro e Astorga. A partir destes dous lugares continuaron a lanzar ataques contra os suevos até chegaren a cidades como Porto e Braga.

“Desesperado e sem saída possível deste conflito, Miro pediu a paz. Os suevos acabariam assim por ser derrotados. O seu reino desapareceu para sempre e os seus habitantes foram misturados com os visigodos e outras tribos. Braga perdia também o estatuto de capital do reino que outrora tinha”, conclúe o texto publicado en Vortex.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios