Campos do terror

O campo de concentración do dique ferrolán

Foi un auténtico campo da morte. O dique do arsenal de Ferrol e unhas embarcacións de cabotaxe e pasaxes atracadas no mesmo remataron convertidos nun auténtico inferno para milleiros de demócratas entre 1936 e 1939. A memoria do centro de reclusión segue a espera de reconciliarse co presente. Eis un estrato da peza publicada no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza.
Genoveva-Fierro.

O campo de concentración do dique mantívose en funcionamento desde xullo de 1936 até cando menos abril de 1939. A penitenciaría aberta no Arsenal de Ferrol estaba conformada por uns barracóns instalados no dique do arsenal para acoller os detidos, sendo auxiliados durante un breve período de tempo por unhas embarcacións atracadas no dique da base militar. 

minisatura campo ferrolAsí o buque de pasaxe “Plus Ultra”, propiedade da compañía Transmediterránea, manteríase en activo desde xullo até outubro de 1936, sendo transferidos nesa data os detidos do mesmo ao “Genoveva Fierro”, unha embarcación propiedade da “Compañía marítima Fierro”, interceptado polo destrutor Velasco cando facía a ruta de Valencia a Santander e que operaría como prisión durante os meses de outubro e novembro de 1936. O outro navío empregado no arsenal como centro de detención auxiliar foi o trasporte da armada “Contramestre Casado” que permanecería en funcionamento desde decembro de 1936 até xaneiro de 1938.

Un cárcere para catro mil persoas

O centro de detención aberto no Arsenal de Ferrol acolleu milleiros de presos ao longo de tres anos. Segundo os dados fornecidos por Xosé Manuel Suárez foron máis de catro mil persoas as que pasaron pola prisión coñecida como “Escollera”, significándose setembro e outubro de 1936 como o período onde foi maior o número de reclusos.

Atendendo a información achegada por este autor, a maiores das persoas concentradas nos barracóns instalados no dique, debemos sumar os demócratas detidos no “Plus Ultra”, arredor de cincocentos por mes, no “Genoveva Fierro”, sobre duascentas cincuenta, e o “Contramestre Casado”, cun número de prisioneiros próximos aos cento vinte e cinco. 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]   

Comentarios