BNG condena a "apoloxía do franquismo" de Mariano Rajoy no rueiro de Pontevedra

Luis Bará critica que o presidente español afirme que vai seguir a chamarlle polo seu antigo nome, Salvador Moreno, á actual Rosalía de Castro. Moreno foi un golpista franquista e ministro na ditadura.

Salvador Moreno. Ministro de Franco

A Rúa Salvador Moreno, de Pontevedra, pasou ser Rosalía de Castro en aplicación da lei da memoria histórica. O presidente español, que viviu nela, afirmou esta semana a súa sorpresa polo cambio de denominación e afirmou que el vai continuar a chamala co nome do militar franquista e ministro na ditadura. Para Luis Bará, deputado do BNG, estas declaracións de Mariano Rajoy son “unha declaración expresa de apoloxía do franquismo”. Ao tempo, dixo o parlamentar, son unha “ofensa e menosprezo” para Rosalía de Castro, quen actualmente dá nome a esa rúa

Luis Bará tamén entende que esas declaracións de Rajoy constitúen un menosprezo dunha “decisión lexítima e legal” do Concello de Pontevedra e o seu compromiso para coa memoria histórica, a galeguización e a feminización do rueiro.

Por todo iso, o deputado do BNG anunciou que presentarán unha pregunta parlamentar para instar o goberno galego a que expre4se a súa condena ás declaracións do mandatario español. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios