ACTO HOMENAXE DO BNG

A vixencia da loita soberanista dos mártires de Carral

O portavoz nacional, Xavier Vence, recordou que hoxe segue a ser preciso combater as políticas “recentralizadoras que levan a ruína o país”, durante o acto de homenaxe aos fusilados.

Vence na homenaxe do BNG en Carral
photo_camera Vence na homenaxe do BNG en Carral


O BNG rendeu homenaxe este 26 de abril aos mártires de Carral, polo 169 aniversario dos asasinatos dos militares sublevados. “Foron os precursores das reivindicacións nacionalistas en Galiza que se ergueron para defender unha maior autonomía para este país e plantaron cara ás políticas da corte contra Galiza, algo que segue a ter plena vixencia na actualidade”, asegurou o portavoz da formación frontista, Xavier Vence.  

O voceiro nacional do BNG resaltou que hoxe segue a ser preciso loita contra as políticas “recentralizadoras que arrasan o tecido produtivo e que levan ao país a ruína”. Unha realidade que comparou coa revolta do século XIX, considerada base do movemento rexionalista e nacionalista galego. 

“Temos que seguir loitando para preservar o noso autogoberno”, sinalou Vence.

“Temos que seguir loitando para preservar o noso autogoberno”, sinalou Vence a carón do monumento que recorda o asasinato dos doce galeguistas pioneiros, fusilados en 1846 na vila coruñesa de Carral por levantarse contra a ditadura e represión do xeneral Narváez.

A formación frontista chamou a recuperar reivindicacións dos sublevados, que xa entón denunciaban que Galiza se convertera nunha “colonia da Corte española”.

Comentarios