O BNG exixe a retirada da simboloxía franquista de 10 edificios públicos de Compostela

Recolle nunha moción o inventario realizado polo CS Gentalha do Pichel de emblemas que incumpren a Lei de Memoria Histórica na capital de Galiza.

escudo franquista facultade químicas usc
photo_camera Escudo franquista nun edificio da Campus da USC

O grupo municipal do BNG en Compostela traslada unha moción ao pleno do Concello da capital galega para a eliminación de simboloxía franquista que aínda permanece en edificios públicos de Santiago de Compostela, anos despois da entrada en vigor da Lei de Memoria Histórica.

A moción recolle o inventario realizado pola Comisión de Historia do centro soial A Gentalha do Pichel. O pasado mes de agosto, e coincidindo co 80 cabodano do asasinato de Ánxel Casal (alcalde galeguista de Compostela e editor asasinado en 1936) A Gentalha dirixiuse por escrito ás cinco entidades que manteñen simboloxía franquista para lles exixir a retirada da mesma: ADIF, Concello, Universidade, Arcebispado e Correos e Telégrafos. “Som precisamente entidades públicas as que mantenhem um completo catálogo de símbolos da dictadura que há tempo que tinham que ter sido retirados , pois a conservaçom de aqueles em propriedades privadas, mesmo à vista da via pública, está amparada pola infame “lei da memória”, indicaba A Gentalha nun comunicado.

O BNG indica que o feito de que esta simboloxía se sitúe en edificios que non fan parte do patrimonio municipal non exime o goberno local de “realizar as xestións precisas para que a Igrexa católica, Universidade, Correos ou calquera particular eliminen esas pezas”.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios