O BNG pide que se inmobilicen e garanta a unidade de todos os bens de Meirás

Luís Bará exixía a integridade deste patrimonio público segundo a súa condición de Ben de Interese Cultural. Alberto Núñez Feixóo, presidente da Xunta, aseguraba hoxe que as estatutuas do Mestre Mateo "non se poden trasladar sen autorización" da súa executiva.
Vista do pazo de Meirás cando foi obxecto dunha acción reivindicativa. (Foto: Europa Press)
photo_camera Vista do pazo de Meirás cando foi obxecto dunha acción reivindicativa. (Foto: Europa Press)

O deputado do BNG Luís Bará exixiu mediante declaracións remitidas aos medios inmobilizar e "garantir a unidade e integridade" de todos os bens do interior do Pazo de Meirás de Sada, aludindo á condición de Ben de Interese Cultural (BIC) como protectora do seu "continente e contido".

O parlamentario referiuse especialmente ás estatuas do Mestre Mateo, en mans dos herdeiros de Francisco Franco, para pedir a súa mobilización "cautelar" mentres o Concello de Compostela aínda reclama a súa titularidade pola vía xudicial.

Ademais, o bloque propuxo investigar todos os bens "froito do espolio" franquista ou aqueles sobre os que existan súbidas de titularidade, para que sexan devoltos aos "lexítimos propietarios".

Entre eles, Bará aludiu ás pías bautismais medievais de Moraime, reclamadas polo Consistorio de Muxía, así como ás ánforas romanas que son "propiedade do Concello da Coruña".

O BNG exixe igualmente "eliminar" do Pazo de Meirás (que deberá ser entregado ao Estado antes do 10 de decembro- todos os elementos relacionados coa exaltación da figura de Franco e da ditadura.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, tamén declarou onte para asegurar que as estatuas do Mestre Mateo "non se poden desprazar sen a autorización da Consellaría de Cultura" ao seren BIC. "O que está claro é que non se poden sacar da Galiza", prometía. 

Comentarios