'Avelina Valladares Núñez', por Xoán Costa

Vista da casa natal de Avelina Valladares, en Vilancosta
photo_camera Vista da casa natal de Avelina Valladares, en Vilancosta

No próximo mes de outubro, o día 23, restan menos de dous meses, fanse cento e noventa e catro anos do nacemento de Avelina Valladares Núñez. Era o ano 1825. Presentada sempre como irmá de Marcial (mesmo na nota necrolóxica) cómpre lembrala por ser, aínda hoxe, unha persoa case descoñecida a pesar de ser das primeiras mulleres en publicar artigos de opinión na prensa, afastándose dos temas da época que se supoñían propios de muller ao tratar cuestións coma os cultivos, a denuncia social, a crítica das supersticións ou mesmo, dirixíndose ás autoridades, por facer peticións de interese xeral.

almanaque gallegoA primeira lembranza biobibliográfica dela publicouna M. Castro López no Almanaque Gallego de 1898, o primeiro publicado en América. Identificada como “anciana escritora apenas conocida” “ segue “es una poetisa gallega, muy gallega” para continuar sinalando que escrebeu pouco, mais “ben se entende que o mérito do artista non está nunca na cantidade das súas obras”.

Hoxe sabemos que non escrebeu tan pouco como pensaba Castro López. Foi poeta e compositora de música. Os seus versos foron recitados nas veladas literarias de Compostela, como a habida no Casino o dous de maio de 1881 onde Avelina Valladares foi a única muller  ao lado das “ enérgicas producciones de los inspirados vates Jackson, Espronceda e Sala y Barba”. Tamén foi a única na “Reunión de Confianza” habida no Casino o cinco de febreiro de 1887 onde se leron tres poemas seus “sumamente aplaudidos”

Aínda así, a maior parte da prensa preséntaa como unha muller que tiña como “principal aspiración, sin ser esposa ni madre”  o coidado e benestar da súa familia ou a mellora da agricultura Porque, di El áncora, diario católico de Pontevedra, “la historia de Avelina Valladares ... si corta es honrosa y digna de ser conocida”

Coñézamola, pois.

Coñézamola.

Comentarios