En Alemaña, Holanda e Suíza: Tres xilografías co escudo galego

Esta quinta feira, nunha nova entrega, podes seguir descubrindo a visión internacional da heráldica galega que Héitor Picallo traza nas páxinas de Nós Diario. O coleccionábel está dispoñíbel de terzas a sextas feiras, botando luz sobre o escudo do Reino da Galiza. Podes conseguir capítulos que perderas a través da nosa loxa online.
coleccionábel héitor picallo
photo_camera Rinoceronte de David Kandel na Cosmographia Universalis de Münster (1580).

Os brasóns do Reino da Galiza tamén se constatan en copias impresas sobre papel, feitas con tacos de madeira tallada (xilografías) ou en láminas de cobre ou bronce (augafortes) polas que discorre a punta do buril. Este foi outro dos xeitos nos que a Galiza deu conta da súa existencia. O seu escudo, como outros tantos, acompaña a efixie de familias imperiais ou a figura daquel soberano que, na época dos Austrias, relucía alén do continente europeo.

Os gravados de Hans Weiditz

Con independencia daquelas xilografías que elaborara Albrecht Dürer, outros gravadores foron quen de grafar o emblema da nosa terra nas súas obras. Un deles é Hans Weiditz der Jüngere (“O Mozo”), un excelente artista nado en Friburgo de Brisgovia tres anos despois do descubrimento de América. Falece prematuramente en Berna (Suíza) en 1537, non sen antes deixar unha fértil produción iconográfica. A ilustración da obra De remediis utriusque fortunae de Petrarca, e a reprodución de vexetais para o Herbarum vivae eicones (1530-1536) de Otto Brunfels son bo testemuño da súa calidade.

Alén diso, interesa traer até aquí aquela xilografía do rei Carlos V (“Karolus Rex Hispanie”) que seica elabora por 1518 e cuxo parecido con outra na que aparece o anagrama de Durero (datada en 1519) é máis que visíbel. Certo que ambos artistas deberon colaborar entre si para crear tal estampa, da que –curiosamente– existen varias versións.

Cada unha delas é diferente, pois haberá partes que non se acheguen nas seguintes reproducións e incluso se engadan novos motivos.

De todas as versións interésanos aquela na que aparecen non só os emblemas imperiais do monarca, localizados enriba dunha especie de pórtico termado por dúas columnas, senón o que posúe, asemade, seis escudos na parte inferior da estrutura.

Os tres da dereita son de fácil identificación: Sevilla, Galiza e os dominios insulares. Esta xilografía, que parece estar elaborada por volta de 1519, ten un escudo galego ben simple: un cáliz con tapa e sen remate crucífero timbrado por unha coroa real aberta.

Carlos V, nesta imaxe, é un home bastante mozo, engalanado cunha rica indumentaria sobre a que repousa o colar da Orde do Toisón de Ouro.

Se querer continuar gozando da reportaxe íntegra vai ao quiosque polo Nós Diario que sae mañá, 24 de setembro, ou merca a edición na nosa loja a partir desta madrugada. Non hai razóns para dar por finalizada esta lectura tan interesante que fornece Héitor Picallo. Todo son facilidades!

Comentarios