O alcalde de Sada cualifica de “incompleto, omisivo e impreciso” o inventario de bens de Meirás

“Lamentábel que se inventariasen bens no Pazo sen facer sequera referencia á sua categoría de sitio histórico e á relación de ditos bens coa mesma”, dixo Benito Portela.

meirás
photo_camera meirás

O alcalde de Sada, Benito Portela, considera que o contido do Inventario de bens realizado pola Xunta é “manifestamente incompleto, impreciso e omisivo, ao non asociar os bens ou conxunto de bens coa categoría de sitio histórico. E

Especialmente grave considera que no dito inventario “mesmo se silencie o feito de que o Pazo de Meirás é BIC, tratando case por igual todos os bens mobles existentes, o que degrada, desvaloriza e descategoriza a finalidade cautelar de dito inventario, que non era outra que evitar a súa retirada polos Franco”, declara. 

O alcalde anuncia que acudirá á xuntanza desta cuarta feira cunha proposta de xestión conveniada inter-administrativa (Estado, Xunta, Diputación e Concello de Sada) para que, “á maior brevidade posible, o Pazo poda abrir súas portas á cidadanía” 

Para o alcalde de Sada a finalidade da realización do inventario era e debe de ser a medida cautelar de tutela da integridade do BIC (continente e contido), tal e como se precisa nos fundamentos xurídicos e parte resolutiva nos sucesivos Autos do Xulgado. 

Por outra banda, o alcalde anuncia que acudirá á xuntanza desta cuarta feira cunha proposta de xestión conveniada interadministrativa (Estado, Xunta, Diputación e Concello de Sada) para que, “á maior brevidade posible, o Pazo poda abrir súas portas á cidadanía”. 

“Un convenio interadministrativo é, nesta fase de execución provisional, o instrumento mais axeitado de colaboración e cooperación para a xestión e financiamento dos usos e actividades no Pazo, o cal non impide a necesaria participación pública e asociativa . Unha vez a sentenza sexa firme, poderase abordar o réxime xurídico definitivo,”, declara Benito Portela. 

Os Franco deberán devolver esta quinta feira, día 10, ao Estado o pazo de Meirás, que pasará ao patrimonio público 82 anos despois da entrega ao ditador e como resultado da execución provisional da sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que os condenou a súa devolución.

Comentarios