venres 14/08/20

O 'Alba de Gloria' de Castelao volveu ao Pico Sacro

O sábado anterior ao Día da Patria, desde 2011, a Federación Galiza Cultura lembra o discurso que reivindica a nosa historia.  

Acto da federación Galiza Cultura no Pico Sacro (Raquel López)
Acto da federación Galiza Cultura no Pico Sacro (Raquel López)

As asociacións O Galo e Vagalumes realizaron no Pico Sacro, un ano máis, o acto de lembranza da lectura do Alba de Gloria, discurso de Castelao sobre a historia da Galiza e a nosa tradición cultural.

Con este acto lémbrase o ascenso realizado por Castelao o 19 de xullo de 1924, en plena ditadura de Primo de Rivera, con outros membros das Irmandades da Fala.

Este ano, como se leva realizando desde 2011, ano en que se conmemorou o 125º aniversario de Castelao, o acto estivo restrinxido, por mor da Covid-19, a unha representación reducida das asociacións de Galiza Cultura.

Nesta edición realizou a lectura do discurso no cumio a escritora Iolanda Aldrei para logo xantar na carballeira de Sucira. Pola tarde visitaron as ruínas da torre do castelo de Cira e, por fora, o pazo do mesmo nome.

comentarios