Acto en Pontevedra contra a “manipulación” da obra de Castelao

Kiko da Silva reproduciu no Salón Castelao do Museo de Pontevedra ‘A derradeira leición do mestre’. “O presidente non debe tentar cambiar a historia nin as circunstancias que levaron a Castelao a facer esta obra”.

kiko da silva imaxe Deputacion de ontevedra
photo_camera Imaxe: Deputacion de Pontevedra

O debuxante Kiko da Silva pintou ao vivo unha versión de ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao, para reivindicar o verdadeiro significado da obra e facer honra ao representado nela: Alexandre Bóveda. Foi na Sala de Castelao do Museo de Pontevedra, onde está depositada a lámina de ‘A derradeira leición do mestre’ – que nestes días está en Compostela na exposición onde tamén está o cadro- . Un acto para respostar ao sucedido esta cuarta feira, cando Feixoo obviou a represión facista e o asesinato de Alexandre Bóveda na recepción do óleo pintado polo rianxeiro.

“Non se debe tentar cambiar a realidade nin a historia nin as circunstancias que levaron a crear esta obra”, manifestou Kiko da Silva, que lembrou que Castelao pintou o cadro no exilio e en homenaxe ao seu amigo e compañeiro de militancia nacionalista Alexandre Bóveda.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, afirmou neste ato no Museo que “non queremos que se esqueza a memoria das persoas asesinadas”. De por parte, Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Lingua, incidiu en que “temos que loitar por que a obra de Castelao volva á nosa Terra".

Comentarios