Absolución por teléfono, de Xoán Costa

CCC

O 10 de marzo de 1876 Alexander Graham Bell realizou a primeira chamada por teléfono. Doce anos despois, en outubro de 1888, El pensamiento Gallego publica un artigo titulado La confesión por teléfono. Nel recolle a polémica de se é válida a confesión por teléfono, chegando á conclusión de que non é, aínda que non se descarta a posibilidade de obter a absolución sun conditione. 

Sen titulo

Na Galiza, no inventario de material do Gabinete de Física da Universidade de Santiago para o curso 1878-1879 figura un teléfono e o número de aparellos instalados en toda Europa á altura de 1888 non superaba, segundo algunhas fontes, os 200.

Mais eis a Igrexa sempre atenta a explorar as posibilidades da ciencia. Así que agora un sacerdote español lanzou unha aplicación para o móbil, denominada Confesor GO pola que os usuarios poderán atopar confesores en tempo real. A aplicación busca confesores mais a confisón ha de se facer presencial, non serve por teléfono.

Hai máis de cen anos que a Igrexa fixou que na fórmula Ego te absolvo o te indica presenza física e próxima e, por máis que o confesor perciba fisicamente a voz de quen confesa, esa presenza próxima non se dá.

En 1932 incluíuse tamén o tema do segredo. Así todo cabe no confesionario.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios