A memoria e os documentos de Silvio Santiago quedarán ao Arquivo da Emigración Galega

O Consello da Cultura Galega recibe un importante legado do arquivo persoal de Silvio Santiago. Cartas de Otero Pedrayo, Castelao e textos inéditos do político e escritor pasarán a esta institución.
Afonso Vázquez Monxardín, esquerda, Ramón Villares, Silvia Santiago e os seus fillos Lidia e Silvio Santiago

Todo o fondo documental do arquivo persoal de Silvio Santiago (Vilardevós-Ourense, 1903-Santiago de Compostela, 1974) pasará desde hoxe ao Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, segundo o acordo asinado por Silvia Santiago, filla do escritor e o presidente da institución, Ramón Villares. Un total de 3.378 imaxes, máis de mil cartas, fotografías, documentos sonoros e textos inéditos do dirixente político e societario, republicano e galeguista, empresario, activista cultural, impulsor de medios de comunicación e escritor, autor de obras como “Vilardevós” ou “O silencio redimido” quedarán a disposición do público..

O epistolario reúne cartas de Castelao, Otero Pedrayo (261), Francisco Fernández del Riego (102), Ramón Piñeiro, Rodolfo Prada, Camilo José Cela ou Eduardo Blanco Amor.

Cartas
De todo o fondo documental destacan as 1.042 imaxes de cartas dirixidas a 72 destinatarios entre 1938 e 1972, coa particularidade de que en moitos casos Silvio Santiago conservou copia das cartas enviadas xunto coas recibidas. O epistolario reúne cartas de Castelao, Otero Pedrayo (261), Francisco Fernández del Riego (102), Ramón Piñeiro, Rodolfo Prada, Camilo José Cela ou Eduardo Blanco Amor. Salientou tamén, entre outros aspectos do fondo, a recompilación de 39 documentos sonoros e diferentes textos inéditos, propios do escritor, como “A caracola Terceira”, e doutros autores.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios