O nacionalismo homenaxea Reboiras

Diversos actos desenvolvidos o 12 de agosto, homenaxearon a figura de Moncho Reboiras conmemorando o seu asasinato hai 37 anos. Todos eles recolleron o seu espírito de loita para continuaren coa súa batalla.
photo_camera Néstor Rego, secretario xeral da UPG

As rúas de Ferrol, desde a Praza de Armas até o número 27 da Rúa da Terra, portal no que foi asasinado na madrugada do 12 de agosto de 1975, enchéronse de militantes da Unión do Povo Galego (UPG) ao berro de Moncho Reboiras, a loita continúa! Como cada ano desde hai xa trinta e sete, o seu partido homenaxea a figura do nacionalista cunha ofrenda floral --que sinala o lugar onde foi abatido-- e cun acto político no que, a máis de lembrar a súa persoa e espírito combativo, recollen o testemuño deixado por Reboiras, para continuaren a loitar. 

Pechou as intervencións políticas, o secretario xeral da UPG, Néstor Rego, quen lembrou o necesario compromiso de Moncho Reboiras, en tempos coma os actuais, perante políticas cada vez "máis antisociais e antigalegas", salientando a necesidade de que o Galiza conquira a súa soberanía política e económica para superar unha verdadeira situación de emerxencia nacional. 

Pola súa banda, o Movemento Galego ao Socialismo, celebrou homenaxe á figura de Moncho Reboiras, no cemiterio de Imo --concello de Dodro--, no que se atopan enterrados os restos do nacionalista. No acto político, @s asistentes, puxeron en valor a necesidade de manter viva a súa loita a prol dunha "Galiza ceibe". Así mesmo, outras organizacións como Nós-UP, tamén renderon homenaxe ao dirixente político asasinado, nunha xornada de loita chave da memoria histórica do noso país. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios