39 anos de loita das Nais da Praza de Maio

O 30 de abril de 1977, a Praza de Maio de Bos Aires acollía un protesto de nais contra as persecucións, ameazas, secuestros e desaparicións dos seus fillos e fillas. Cando se fan 39 anos, volven reunirse, como todas as quintas feiras, na praza que deu nome ao movemento contrario á ditadura militar.

800px-Mães_da_Praça_de_Maio2

Con panos brancos, a Asociación Nais da Praza de Maio conmemorará este sábado o inicio do movemento de resistencia político contra a ditadura militar após a represión e desaparición sufrida durante o réxime de Rafael Vilela (1976-1981), caracterizado por unha constante violación dos Dereitos Humanos e por cometer crimes de lesa humanidade.

Todo comezou un 30 de abril de 1977. Un total de 14 mulleres tomaban a Praza de Maio de Bos Aires para reclamar a volta dos seus fillos e fillas desaparecidas. A partir de entón, este emblemático espazo –situado fronte á Casa Rosada, a sede do Goberno do país- tornouse no seu territorio; as quintas feiras, nos seus días de loita e os panos branco, na súa identificación.

Após de 39 anos, as Nais, moitas delas aínda con fillos e fillas desaparecidas, ampliaron a súa loita contra a impunidade arredor de todo o mundo e contra o neoliberalismo. Convertidas en símbolo da democracia na Arxentina, non houbo represión, nin cans nin golpes que as vencesen. E, a día de hoxe, seguen a reclamar xustiza polas 30.000 persoas desparecidas durante a ditadura.

Comentarios