Galiza no mapa

O mapa do Burgo de Osma: unha apoloxía de Galiza en 1086

Máis unha entrega da sección mensual do semanario Sermos Galiza denominada Galiza no mapa, coa que Cilia Torna recupera xoias da cartografía mundial en que se diferencia Galiza de España.

Detalle do mapa do Burgo de Osma
photo_camera Detalle do mapa do Burgo de Osma

É a cartografía de referencia do espazo cristián peninsular no século XI. Cunhas dimensións de 370 x 265 milímetros, fai parte dun pergamiño de 166 folios, con 322 páxinas escritas en letra visigótica e 71 miniaturas, correspondéndolle a autoría a un monxe chamado Pedro e as iluminacións a un tal Martiño. Elaborado á volta de 1086 nun mosteiro do Reino de Galiza, a maioría das fontes coinciden en situar a súa orixe no Mosteiro de Sahagún, na actual provincia de León, atopándose en 1232 no Mosteiro de Carracedo, establecemento relixioso do Bierzo restaurado un século antes pola infanta Dona Sancha, irmá de Afonso VII “O Emperador”, coroado rei por Xelmírez en Santiago de Compostela. A copia orixinal consérvase actualmente na biblioteca da Catedral do Burgo de Osma en Soria, onde está testada a súa presenza desde o século XIV.

2018041820021247700

O mapa do Burgo de Osma fai parte da cartografía coñecida como os beatos, por estar incorporadas as versións dos comentarios Apocalipses de San Isidoro realizados polo abade de Santo Toribio de Liébana no século VIII, emparentado dentro desta coas copias de Lorvao, de Navarra ou París, de Oña ou Milán e San Pedro de Rochas. Seguindo a xa canónica clasificación de Neuss e Sanders sobre as familias dos beatos, esta copia debemos incluíla no primeiro, por ser dos primeiros da península en utilizar unha iconografía románica, aspecto que se explicaría por ter imposto Bernardo, o abade de Sahagún e posterior arcebispo de Toledo, a observancia do rito de cluni.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 292, á venda na loxa e nos quiosques]

Máis en Mapas do reino
Comentarios