Portugal paga este mes 6.000 millóns ao FMI

Lisboa estrea o seu plan da débeda que conta co aval de Bruxelas pero é criticado por forzas contrarias ás políticas de austeridade que teñen ao país sumido nunha importante crise social. 

Manifestación en Portugal
photo_camera Manifestación en Portugal

Portugal devolverá este mes de marzo 6.000 millóns de euros ao Fondo Monetario Internacional (FMI) como parte do seu novo programa de devolución da débeda, segundo informou a ministra de Economía portuguesa, Maria Luís Albuquerque.

A intención de Lisboa é devolver axiña unha parte importante das súas débedas para que os intereses sexan máis baixos e os prazos de devolución máis flexibles. Por esta razón, a UE aprobou hai unhas semanas que Portugal fose pagando os 14.000 millóns de euros que debe a outros Estados membros. 

Varias forzas da oposición, como o Bloco ou o PCP, critican as politicas de austeridad impostas por Bruxelas e que se destinen enormes cantidades ao pago da débeda malia os grandes problemas sociais.

Comentarios