Portugal condecora Núñez Feijóo pola defensa do ''portugués na Galiza''

O presidente luso concédelle a Gran Cruz do Infante Don Henrique co gallo do Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas.

Villares, Feijóo e Cavaco ás portas da RAG
photo_camera Villares, Feijóo e Cavaco ás portas da RAG

Alberto Núñez Feijóo vai ser condecorado polo presidente de Portugal pola súa defensa do portugués na Galiza. Unha condecoración outorgada co gallo do Día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas e que se plasmará na entrega da Orde do Infante Dom Henrique ao presidente da Xunta de Galiza canda outras 16 persoas. Iso si, Feijóo recibirá a ‘ordem’ na categoría de Gran-Cruz.

Os medios lusos destacan que Feijóo “é um dos principais defesores da língua portuguesa” na Galiza, e que defende que “aprender português vale a pena para todos os galegos”. Consideracións derivadas da Lei Paz Andrade, unha lei que espertou unha grande expectación no país veciño.

Comentarios