Alberto Núñez Feijóo vai ser condecorado polo presidente de Portugal pola súa defensa do portugués na Galiza. Unha condecoración outorgada co gallo do Día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas e que se plasmará na entrega da Orde do Infante Dom Henrique ao presidente da Xunta de Galiza canda outras 16 persoas. Iso si, Feijóo recibirá a ‘ordem’ na categoría de Gran-Cruz.
Os medios lusos destacan que Feijóo “é um dos principais defesores da língua portuguesa” na Galiza, e que defende que “aprender português vale a pena para todos os galegos”. Consideracións derivadas da Lei Paz Andrade, unha lei que espertou unha grande expectación no país veciño.