O goberno portugués podería anunciar un segundo resgate

Após a xuntanza coa súa equipa de goberno e co presidente da República, o primeiro ministro portugués ameaza coa solicitude dun segundo resgate. Este domingo ás 18.30h Passos Coelho realizará unha comparecencia de impresa. 

Cavaco Silva e Passos Coelho
photo_camera Cavaco Silva e Passos Coelho

O primeiro minsitro portugués, Pedro Passos Coelho, non ten pensado demitir. Nin os milleiros de persoas que percorreron as rúas do país contra os Orzamentos de Estado e as políticas de austeridade deseñadas pola Troika, nin os grupos da oposición, nin o mesmísimo Tribunal Constitucional fan que o executivo luso recúe. 

E é que Passos Coelho está a bucar unha outra fçormula para obter os perto de 1.300 millóns de euros que xa non poderá conseguir retallando o gasto social. Neste senso, o primeiro ministro, acompañado do responsábel de finanzas portugués, poderían ter posto cima da mesa do xefe de Estado, Cavaco Silva, a posibilidade de que Portugal recorra por segunda vez ao fondo de resgate europeo. 

Nun comunicado de imprensa publicado após a xuntanza desenvolvida entre ambos os dous mandatarios, o presidente da República reiterou o seu apoio ao primeiro ministro asegurando que "o goberno dispón das condicións para cumprir o mandato". No entanto, as forzas da oposición denuncian que o obxectivo da coalición PSD/CDS é promover "unha campaña de dramatización" arredor da decisión do TC para "renovar a súa política de austeridade", ao tempo que preparan un segundo resgate. Aliás, aseguran desde o Bloco e o PCP que a grave situación económica, social e tamén política que está a viver o país decorre directamente das condicións impostas polo Pacto de Agressão asinado en 2011, de maneira que a chegada dun novo resgate non serviría máis que para empeorar a dramática situación do país. 

Comentarios