As dúbidas cérnense agora sobre o futuro do goberno portugués. O primeiro ministro luso, Passos Coelho convocou para este sábado un Consello de Ministros extraordinario e urxente. Segundo declarou o mandatario nos últimos días o ditame desfavorábel do Tribunal Constitucional --deseñados pola Troika de acordo coas disposicións recollidas no Pacto de Agresión-- podería motivar a demisión do primeiro ministro.
A sentenza coñecida esta sexta feira invalida os cortes nos subsidios de ferias ao persoal público e pensionistas.
Máis información mañá en Sermos Galiza