Os capitáns do 25 de Abril non participarán na celebración oficial do 40 aniversario da Revolución

A 'Associação 25 de Abril' desbota ir á sesión solemne da Asemblea da República tras decidir a presidencia que non poderán intervir. Barallan facer, á mesma hora que o acto oficial mais nun lugar diferente, unha intervención paralela.

25abril

Este 25 de abril conmemórase o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis (1974), a rebelión que puxo fin a décadas de ditadura en Portugal. O país acolle distintos actos, xornadas e actividades para lembrar esa data. En moitas delas ten un papel destacado a Associação 25 de Abril, a asociación que aglutina e representa os participantes naqueles feitos, un colectivo que quer manter vivo, din, “o espírito do movemento libertador do 25 de abril de 1974”.

Mais esta asociación non estará na sesión solemne que o 25 de abril terá lugar na Asemblea da República portuguesa. Optou por se afastar deste acto oficial despois de que desde a presidencia da Cámara se lles notificase que non ían poder intervir.

Valores e ideais da Revolución do 74

Esta asociación está a avaliar a posibilidade de “á mesma hora e noutra zona,f acer a intervención que tiñamos previsto facer na Asemblea”. O seu presidente, Vasco Lourenço. Poder intervir era a condicións que os do 25 de abril poñían para volver á Asemblea. Nos últimos anos, a asociación 25 de abril non asistiu a estes actos oficiais por entender que as políticas que se estaban a impulsar polo goberno luso baixo as ordes da Troika ían de fronte contra os ideais e valores da Revolución.

“A liña política seguida polo actual poder político deixou de reflectir o rexime democrático herdeiro do 25 de abril configurado na Constitución da República portuguesa”.

Comentarios