O goberno portugués en funcións fecha a venda da TAP, a aeroliña pública

PS, BE e PCP critican a decisión, adoptada após a maioria absoluta da Assembleia da República votar contra o programa de goberno da direita e apoiou a moción de censura do PS.

aeroporto TAP avión Portugal

O Consello de ministros do gobern o en funcións de Portugal aprobou unha resolución que permite fechar a venda da aeroliña pública TAP, unha decisión que adopta horas despois de que o Partido Socialista pedise que a operación non fose concluída polo executivo en funcións. O goberno de Passos Coelho perdeu esta semana a votación no Parlamento, onde por maioría absoluta (PS, Bloco e PCP-Os Verdes) rexeitaron o seu programa de goberno e aprobaron a moción de censura dos socialistas. Poñíase así fin a anos de gobernos de dereita para abrir as portas a unha coligazón das esquerdas.

O grupo parlamentar do PS remitiu unha carta á Parpública na que argumentaba "Consideramos que não estão reunidas as condições legais nem políticas para que se mantenha este processo de reprivatização da TAP". No documento, o PS recorda a sua posición "frontalmente contra a forma como o atual processo de reprivatização tem sido desenvolvido desde o início", reforzando que "não aceita que o Estado não mantenha uma posição de controlo". A Parpública é o instrumento do Estado para a xestión de participacións en empresas en proceso de privatización.

Comentarios