Fenda entre CDC e Unió a escasas horas do debate soberanista no Parlament

O debate soberanista agudiza as contradicións na política catalá. Tamén no seo do partido de goberno. Artur Mas non desautorizou hoxe o ataque lanzado onte polo consello de Barcelona de CDC contra Duran i Lleida.

Duran i Lleida afirmou hai uns días que votaría en contra da independencia nun eventual referendo. A resposta dos sectores soberanistas de CDC non se fixo esperar. Onte, o consello de Barcelona de Convergència, o partido de Mas, emitiu un duro comunicado contra o líder democrata cristiano. Unió agardaba que hoxe Mas desautorizase os seus. Tal cousa non aconteceu.

O conseller de Unió Josep Maria Pelegrí retou mesmo aos sectores de CDC hostís a Duran i Lleida a que formulen nos órgaos da coalición a hipótese da fin da federación entre estes dous partidos.

A tensión é máxima a escasas horas de que esta cuarta feira (apartir das 10 horas) o Parlament vote a Declaración de Soberanía pactada por CiU con ERC e ICV.

Comentarios