Dilma afiánzase nas enquisas fronte unha Marina estancada

Após semanas de empate técnico nas sondaxes, as enquisas destes días apuntan a unha vantaxe da Rousseff na cita coas urnas deste domingo.

dilma marina brasil

Estamos ás portas das eleccións presidenciais do Brasil, a realizarse o domingo 5 de outubro e despois dalgunhas semanas en que se viu ameazada por Marina Silva, candidata do Partido Socialista Brasileiro (PSB), a presidenta Dilma Rousseff aumentou as súas intencións de voto antes da votación.

Segundo datos facilitados polo Instituto Datafolha, Dilma ten un 40 por cento de apoio na primeira quenda contra un 25% da candidata Marina. Aécio Neves, representante conservador PSDB, tería rondado o 20 por cento.

Houbo varias enquisas que sinalaban un empate entre as 2 candidatas. Con todo, a última investigación mostra un aumento na distancia entre a lider do Partido dos Traballadores (PT), rexistrándose se 49 por cento contra 41 de Silva, nunha eventual segunda volta. Para a elaboración deste estudo, o Datafolha entrevistou 7.520 persoas en 311 municipios, cunha marxe de erro de dous puntos porcentuais.

Campaña agresiva

Segundo algúns especialistas suxiren, a Dilma tróuxolle bos resultados da campaña ‘agresiva’ contra Marina. As críticas sobre Silva foron baseadas principalmente en políticas sociais, acusándoa de querer suspender os programas para os máis necesitados. Pola súa banda, tamén foi acusada de ameazar a economía brasileira buscando reducir a produción de petróleo.

Comentarios