A Xunta responderá en castelán as queixas e suxerencias que se lle fagan nese idioma

“Damos resposta ao dereito da cidadanía a recibir a resposta na lingua cooficial demandada polo interesado, se alguén quere que a súa resposta sexa en español, o seu dereito ficará blindado por decreto”, dixo Feijóo após o Consello da Xunta.

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foto: Irene Pin
photo_camera Feijóo nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foto: Irene Pin

O goberno galego vai regular por decreto a atención cidadá no sector público autonómico e vaino facer a través dun decreto que, entre outras novidades, incorpora a posibilidade de que se conteste en castelán ás queixas ou suxerencias que os cidadáns fagan nese idioma. Até agora, o galego é o idioma que se emprega para responder a estas cuestións e só se empregaba o español cando había unha solicitude expresa ao respecto por parte do demandante.

Porén, e con este decreto, as queixas e suxerencias feitas en castelán recibirán resposta automaticamente nese idioma, agás que haxa indicación expresa en senso contrariuo, é dicir, que o demandante que se dirixe á administración galega en castelán pida que a resposta sexa en galego.

“Damos resposta ao dereito da cidadanía a recibir a resposta na lingua cooficial demandada polo interesado, se alguén quere que a súa resposta sexa en español, o seu dereito ficará blindado por decreto”, manifestou Núñez Feijóo ao remate do Consello da Xunta. 

Comentarios