Seis de abril

Xixón maniféstase pola oficialidade do asturiano e o 'galego asturiano'

A oficialidade do asturiano e mais do galego que se fala no territorio administrativo de Asturies son os obxectivos da manifestación que este sábado, 6 de abril, percorrerá as rúas de Xixón.
 

Navia,_Asturias,_Spain_-_panoramio
photo_camera Panorámica de Navia, en Asturies. Foto: cedida.

mani asturiano

O movemento polo recoñecemento dos dereitos lingüísticos en Asturies está gañando forza nos últimos anos. No pasado outubro, Podemos e Esquerda Unida rexistraron unha proposición de lei no Parlamento asturiano para dar rango oficial ao 'galego asturiano'.

Este seis de abril, a partir das seis da tarde, as xentes convocadas pola Plataforma pola Oficialidá del gallego-asturiano amosarán o seu rexeitamento á “falta de dereitos lingüísticos” que, considera a organización promotora, “non xustificación desde un punto de vista democrático”.

“É un asunto que atinxe a calquera demócrata”, conclúe a plataforma, “non só aos falantes desa lingua non recoñecida oficialmente”.

Nota: cartel da manifestación do 6 de abril en Xixón.

Comentarios