Vigo goza dun Correlingua que namorou a cidade co apoio de milleiros de moz@s ao galego

Centos de estudantes percorreron as rúas olívicas con mensaxes e pancartas de apoio ao idioma do país
Vigo volve volcarse co Correlingua
photo_camera Vigo volve volcarse co Correlingua

Desde a praza do Rei até o Parque de Castrelos, tras decorrer pola avenida das Camelias, praza da Independienca, Camelias, praza de América e avenida de Castrelos. Un céntrico percorrido por Vigo que foi realizado por máis de 2.000 mozas e mozos con mensexas e pancartas de aopio ao galego da man de Correlingua.

Deste xeito, Vigo sumouse á vaga de iniciativas lúdico-reivindicativas que se realizan por cidades e vilas do País co gallo do Correlingua, a iniciativa en que toman parte diferentes colectivos, entidades e asociacións da Galiza.

Este testemuño que percorre Galiza reivindicando a plena normalización da nosa lingua, consiste nun manifesto escollido de entre todos os que se presentaron a concurso, e que nesta edición gañou o alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures As festas finais do Correlingua, ademais de contaren coa participación directa do alumnado, terán as actuacións -segundo o día e lugar- da actriz Iria Sobrado, do grupo de música infantil Pirilampo, ou dos grupos gañadores do concurso musical Cantalingua 2012, onde o alumnado escolle que grupo galego quere que actúe nas festas do Correlingua, e en que gañaron os grupos Xenderal, Chupadeskay e Roger de Flor e os Silvestres.

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, e é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participaren nun acto público de reivindicación do dereito a medraren en galego e tamén a exerceren de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

Comentarios