Á venda con 'Nós Diario', o especial sobre Carvalho Calero. 80 páxinas por só 3 euros

 O monográfico 'Vivir con autenticidade', de 48 páxinas a cor, nunha coidada edición, publícase este sábado, día 16 de maio, Nós Diario. Un total de 80 páxinas por só 3 euros.


 

Ricardo Carvalho Calero
photo_camera Ricardo Carvalho Calero

Carvalho Calero. Vivir con autenticidade. Baixo este título publícase este sábado, 16 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas un semanario especial de Sermos Galiza. 48 páxinas a cor, grampadas e guillotinadas,  que recolle oito artigos dos máis recoñecidos estudosos da obra e da figura de Ricardo Carvalho Calero. Unha coidada edición de 4.000 exemplares con formato revista. Estará á venda con Nós Diario. Un total de 80 páxinas por só 3 euros.

Xoán Costa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, María Pilar García Negro, Xoán Carlos Garrido, Aurora Marco, Pilar Pallarés e Francisco Rodríguez ispen o homenaxeado pola Real Academia Galega para dar a coñecer as súas múltiples vertentes.

Os artigos

En "Carvalho Calero e a codificación da lingua galega"  o profesor da UDC e escritor Freixeiro Mato aproxímanos ao esforzo que o ferrolán dedicou a tentar solucionar un dos problemas que pesou sobre a lingua na época contemporánea, como foi a ausencia dun código unificador ou norma culta.

"Por que celebrarmos Carvalho Calero?" é a pregunta baixo a que presenta o seu artigo a escritora e profesora da UDC María Pilar García Negro, que dá cumprida resposta .

A escritora e profesora da USC Aurora Marco centra o seu traballo no ideario galeguista do homenaxeado cun artigo titulado "O activismo político-cultural de Carvalho Calero no período republicano".

"Abrindo o camiño: o rosalianismo de Carvalho Calero" é o título da colaboración do historiador e ensaísta Francisco Rodríguez, que incide na importancia do autor de Scórpio na historia e crítica da Literatura Galega.

Complétase este Sermos Galiza especial con catro textos xa publicados mais non suficientemente divulgados. Primeiro cun extracto do limiar de Beleza, verdade. Escolma poética de Ricardo Carvalho por conta de quen foi Premio Nacional de Poesía en 2019, Pilar Pallarés.

Finalmente, recóllense as entrevistas realizadas por María Pilar García Negro e polo profesor e filósofo Xoán Carlos Garrido a Margarida Carballo Ramos e a María Victoria Carballo-Calero Ramos, fillas do autor homenaxeado. Estas pezas foron publicadas na revista Terra e Tempo nos números 155-158, xunto cun fragmento, organizado tematicamente por Xoán Costa e Francisco Rodríguez, da conversa que no inverno de 1989 mantivo o profesor da UDC Francisco Salinas con Carvalho Calero e que forma parte da edición en vídeo que prepara a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), entidade promotora daquela entrevista.

O especial venderase conxuntamente con Nós Diario este sábado, 16 de maio. As 80 páxinas por tan só por 3 euros. Nos quiosques e puntos de venda habituais e na loxa. Se non es subscritora ou subscritor, non dubides en adherirte.

Comentarios