A lingua na Xustiza, unha materia pendente: "Esta semana entrei na lista das agraviadas por usar o galego"

Unha xuíza reprochou á avogada Elsa Quintas que empregase a lingua galega nun escrito a pesar de que a lei ampara o seu uso en sede xudicial.
#xustiza #xuízo #xulgado #xulgados (Foto: Nós Diario)
photo_camera A Lei de Axuizamento Civil recoñece o dereito a usar a lingua propia do país diante da Xustiza. (Foto: Nós Diario)

A avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, vén de denunciar a través das súas redes sociais que unha maxistrada, durante un xuízo, reprochou o seu uso da lingua galega nun escrito.

"Sabede que esta semana ingresei oficialmente na lista das agraviadas por usar o galego", dixo a letrada, que tamén lamentou que, após a reprimenda da xuíza, non tivo dereito a réplica.

De ter ese dereito a responder, explicou, "refrescaríalle" o que dispón o artigo 142.3 da Lei de Axuizamento Civil (LAC) a respecto do idioma a empregar en sede xudicial, un apartado que garante a utilización do galego.

"As partes, os seus procuradores e avogados, así como as testemuñas e peritos, poderán utilizar a lingua que sexa tamén oficial na comunidade autónoma en cuxo territorio teñan lugar as actuacións xudiciais, tanto en manifestacións orais como escritas", sostén o texto.

Quintas engadiu, sobre esta polémica: "E o efecto que causa na sala á miña defendida ou a calquera doutras partes que pretendan empregar o galego? Quedou dito ao inicio da vista que non gostaba do galego. Xa os demais fican advertidos e coaccionados".

Non é a primeira vez que a avogada sofre unha situación destas características en sede xudicial, pois o pasado mes de abril denunciou que, após se manifestar no idioma propio do país nunha vista, o avogado da parte contraria preguntou ao xuíz "como resolvería se el alegase descoñecemento d#xustiza #xuízo #xulgado #xulgadosa lingua galega" e se, en consecuencia, "obrigaría a outra avogada a expresarse en español".

"É o que ten non saber linguas: eu a el enténdoo; el a min... neste caso resultou que tamén", profundou Elsa Quintas. "Por estas e outras cousas faise necesario abordar o estudo dos dereitos lingüísticos nas facultades de Dereito, en todas", engadiu.

Comentarios